Presentación de los Premios Mágnum do Viño Galego en el Concello de Vilagarcía de Arousa

Este ano a Gala de Entrega dos Premios Mágnum do Viño Galego celebrarase no marco da Feira Independiente do Viño Castes, en Vilagarcía de Arousa

O INGAVI outorga anualmente estes premios que teñen por obxectivo fomentar a excelencia no sector e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños e profesionais do viño do máximo prestixio.

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, presentaron esta mañá a VIII Edición dos Premios Mágnum do Viño Galego, que este ano se outorgarán na capital arousá. A gala de entrega celebrarase o vindeiro domingo, día 25 de novembro ás 13:30 horas, dentro da Feira Independiente do Viño Castes, na Praza de Abastos de Vilagarcía. Este evento, que reunirá aos máis importantes representantes do sector da nosa comunidade, así como a autoridades do eido político e social, é un recoñecemento aos traballos e profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia no último ano.

Como novidade, nesta edición dos Premios Mágnum incorpórase un novo galardón: o Mágnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fora de Galicia. «Este galardón vén recoñecer o traballo en prol do viño galego de restaurantes que pese a estar lonxe das nosas fronteiras senten o noso viño como propio», en palabras do director do INGAVI, Xoán Cannas.

Os nomeados

O xurado concede estes galardóns en oito categorías entre as que se atopa o Mágnum Honorífico que se lle concede a unha destacada personalidade pola súa contribución en prol do viño galego.

Na categoría de Mellor Viño Galego compiten:

  • Fulcro 2016 (Bodegas Fulcro)
  • Ribeiras do Armea 2014 (José Luis Bouzón-Casa Beade)
  • Sílice Lobeiras 2016 (Sílice Viticultores)
  • Azos do Pobo2016 (Daterra Viticultores)
  • Prádio Brz 2014 (Fazenda Prádio)

O premio ó Mellor Viño Revelación Galego (viños cun máximo de dúas colleitas no mercado) está entre:

  • O Tesouro 2016 (Viña Somoza Bodega y Viñedos)
  • Ollos de Roque 2015 (Fazenda Agrícola Augalevada)
  • Cume do Avia Dos Canotos 2017 (Adegas Cume do Avia)
  • Granuja 2015 (Lagar de Pintos)
  • Carralcoba Caíño Tinto 2015 (Eulogio Pomares)

Pola súa banda, os aspirantes ao título de Mellor Adega Galega (entendida como colección de viños):

  • Bodegas Rafael Palacios
  • Bodega Gerardo Méndez
  • Bodega Nanclares y Prieto
  • Bodegas Albamar
  • Coto de Gomariz

O Premio Mágnum á Mellor iniciativa de Enoturismo, pode ser para:

  • Concello de Cambados
  • Pazo de Rubianes
  • Bodega Algueira
  • Festival Ribeira Sacra
  • Os Xoves de Códax

Ao recoñecemento á Mellor Labor de Difusión do Viño Galego optan:

  • Festa do Viño Novo de Pontevedra
  • Libro As Pedras que facían Viño
  • Videafest
  • Volando Voy (Jesús Calleja)
  • Claustro Mercedario de Verín (Museo del vino de Monterrei)

O Mágnum ó Mellor Sumiller no Tratamento do Viño Galego dispútase entre:

  • Tomás Ucha, (Sumiller del Equipo de Sumilleres en Mugaritz)
  • Ismael López (Sumiller en Casa Solla)
  • Xurxo Rivas (Copropietario y Sumiller en Taberna O´Secreto)
  • Miguel Ángel Barreiro (Propietario y Sumiller en Madialeva Wine Bar)
  • Elisabeth Castro (Propietaria y Sumiller en Mesón do Campo)

Á nova categoría que se estrea este ano, Mágnum ao Mellor Tratamento do Viño Galego fora de Galicia, compiten:

  • Restaurante Mugaritz (2* Michelin) de Guipuzkoa
  • Restaurante Aponiente de Cádiz (3*Michelin)
  • Taberna Laredo de Madrid
  • Restaurante Alkimia de Barcelona (1*Michelin)
  • Restaurante Atrio de Cáceres (2*Michelin)

En canto ao gañador do Mágnum Honórifico, este darase a coñecer na propia Gala de Entrega dos Premios.

 

Un xurado de recoñecido prestixio

O xurado dos Premios Mágnum está composto por recoñecidos sumilleres, profesores e alumnos do Instituto Galego do Viño. Son os seguintes: Ferrán Centelles, Paco Berciano, César Ruiz, Miguel Anxo Besada, Adrián Guerra, Fernando Filgueira, Carlos Amoedo, Mario Barrio, Esther Daporta, Eduardo Camiña, Luis Díaz, José Martínez, Juanjo Figueroa, Alexia Luca de Tena, Elísabet Castro, Guillermo Cruz e Xoán Cannas.

 

Como premio, unha obra de arte

Os premios estarán representados por oito obras de arte; oito fermosas esculturas realizadas polo artista Kike Ortega. Seguindo a súa liña creativa de total ruptura co lenzo para descubrir as posibilidades artísticas de materiais a priori non concibidos para a arte, estas pezas están feitas con fragmentos de antigos bidóns de lata, previamente aplanados cunha apisoadora, recortados e traballados polas mans do artista. «Romper co lenzo é utilizar como soporte para unha obra unha lona ou unha táboa de madeira; facer que estes materiais convértanse na obra é, directamente, facelo pedazos», comenta Ortega. «Gústame pensar que estou a crear algo novo cun pasado que non pode deixar de facerse presente».

 

Castes, Feira Independento do Viño

Castes concíbese como un lugar de encontro entre amantes do viño. A idea coa que nace esta feira é dar a coñecer tanto a profesionais como a particulares, os proxectos, experiencias, resumo de vivencias e paisaxes, cos seus protagonistas, cargados de historias que falan da súa zona e a tradición da súa terra. A praza de Abastos de Vilagarcía converterase o domingo 25 de novembro (en horario de 17.00 a 22.00 h) nun espazo no que os viticultores e adegueiros presentarán o seu presente e o seu futuro. O formato da feira, en modo túnel do viño, permite un trato próximo, un contacto directo entre o viticultor e os asistentes. Na feira estarán presentes 52 adegas de Galicia, resto de España, Francia e Italia. Coincidindo coa celebración de Castes, en horario de mañá, disputarase o I Campionato de España de Cata por Equipos para profesionais. Pode consultar toda a información sobre Castes en www.castes.es

Ofrecemos aos medios de comunicación interesados en obter información máis específica sobre os Premios Mágnum a opción de entrevistar ó director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas (Contactar co responsable de comunicación para a coordinación).